Obradoiro de regueifas en Bruxelas, con Manolo Maseda
- When
- Europe/Brussels (GMT+1)
- Where
- MetaprosaChau. Saint-Pierre 9, 1040 Etterbeek
Tickets are sold on Eventbrite. We link straight to the listing — nothing is bought here. Listing details come from the source and can change. Eventovia indexes events; it does not organize them or sell tickets. Terms & Disclaimer
Obradoiro de regueifas en Bruxelas, con Manolo Maseda takes place on Sun, 13 Dec 2026 at 15:30 (GMT+1) at Metaprosa in Brussels, Belgium. Entry is free; the listing is on Eventbrite.
About this event
A Associação Cultural Couto Mixto de Bruxelas organiza um obradoiro de regueifas com o músico Manolo Maseda no dia 13 de dezembro.
Full description from organizerShow less
A Asociación Cultural Couto Mixto de Bruxelas organiza o vindeiro 13 de decembro un obradoiro de regueifas da man do músico Manolo Maseda. A Asociación Cultural Couto Mixto de Bruxelas organiza o vindeiro 13 de decembro un obradoiro de regueifas da man do músico, educador e regueifeiro galego Manolo Maseda. O encontro terá lugar no espazo cultural Metaprosa, a partir das 15:30 horas, e ofrecerá unha oportunidade para descubrir e practicar unha das expresións máis singulares da tradición oral galega: a improvisación en verso. Información práctica 📅 Data: Doming, 13 de decembro de 2026 🕖 Hora: De 15:30 a 18:30 horas. 📍 Lugar: Metaprosa – Chau. Saint-Pierre 9, 1040 Bruxelas. 🎟️ Entrada gratuíta. A través da poesía, o canto, o enxeño e a retranca, a regueifa permite establecer un diálogo improvisado en verso. Neste obradoiro, Manolo Maseda achegaranos ás claves dunha tradición que continúa reinventándose e conquistando novas xeracións. Non é preciso ter experiencia previa: abonda con traer ganas de xogar coa lingua, improvisar e pasalo ben. Dúas citas coa regueifa galega en Bruxelas O obradoiro terá lugar na véspera da presentación do documental Ao son da nova regueifa, dirixido polo propio Manolo Maseda. A proxección celebrarase o luns 14 de decembro, ás 18:30 horas, no Instituto Cervantes de Bruxelas, no marco do ciclo de cinema dos Premios Mestre Mateo organizado polo Festival Emigrason, que para esta actividade conta tamén coa colaboración do Couto Mixto. A través das experiencias de regueifeiras e regueifeiros de diferentes puntos de Galicia, o documental explora a recuperación e transformación desta tradición, tendendo pontes entre as súas raíces populares e as súas manifestacións contemporáneas. Tras a proxección, haberá un coloquio co director. Máis información e reserva de entradas para o documental aquí. Sobre Manolo Maseda Manolo Maseda (Burela, 1975) é músico, compositor, educador e regueifeiro. Formado no Conservatorio de Santiago de Compostela e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Salamanca, é profesor de música en secundaria e un apaixonado do acordeón, instrumento co que desenvolveu unha identidade artística propia. Ao longo da súa traxectoria musical participou en grupos como Fiandola, Serra-lhe aí!!! ou Os Diplomáticos de Montealto, ademais de colaborar con artistas como Guadi Galego, Sés, Uxía ou Lamatumbá. A súa vinculación coa regueifa nace do activismo educativo, especialmente a través do proxecto Regueifesta, que leva máis dunha década impulsando a improvisación oral en verso nas escolas públicas galegas. A iniciativa contou tamén cunha dimensión europea a través do programa Erasmus+, conectando Galicia con territorios como Cerdeña, Madeira ou o País Vasco. Xunto con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, conforma o trío Regueifa Ambulante, desde o que promove unha regueifa contemporánea, enraizada na tradición galega pero aberta aos retos e ás posibilidades do século XXI.
Keep going
All Brussels events →Similar events
View all →











Details
- When
- Sun, 13 Dec 2026 · 15:30 (GMT+1)
- Where
- Metaprosa
- Address
- Chau. Saint-Pierre 9, 1040 Etterbeek
- Price
- Free
- Genre
- 113/class, training, or workshop
- Weather
- -2°C · ForecastForecast at 15:30 (GMT+1)
Questions
- When is Obradoiro de regueifas en Bruxelas, con Manolo Maseda?
- Sun, 13 Dec 2026 at 15:30 GMT+1.
- How much are tickets for Obradoiro de regueifas en Bruxelas, con Manolo Maseda?
- Entry is free.
- Where is Obradoiro de regueifas en Bruxelas, con Manolo Maseda?
- Metaprosa, Chau. Saint-Pierre 9, 1040 Etterbeek, Brussels, Belgium.
- Where can I buy tickets for Obradoiro de regueifas en Bruxelas, con Manolo Maseda?
- Tickets are sold on Eventbrite. This page links straight to that listing; no tickets are sold here.
