Vigo, Spain

2ª Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio do Calvario 2026

Trade Shows & Expos
When
Europe/Madrid (GMT+1)
Where
Mercado do Calvario183 Rúa de Urzáiz, 36205 Vigo
Freevia Eventbrite
Get tickets — Free

Tickets are sold on Eventbrite. We link straight to the listing — nothing is bought here. Listing details come from the source and can change. Eventovia indexes events; it does not organize them or sell tickets. Terms & Disclaimer

2ª Feira de Emprendemento Infantil  para o Comercio do Calvario 2026

2ª Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio do Calvario 2026 takes place on Tue, 8 Dec 2026 at 16:30 (GMT+1) at Mercado do Calvario in Vigo, Spain. Entry is free; the listing is on Eventbrite.

About this event

A Feira de Emprendemento Infantil de 2026 mostra como nen@s apresentam e venden proxectos no Calvario.

Full description from organizer

Feira onde nen@s presentan e venden os seus proxectos, fomentando a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo e o emprendemento. Unha vez que vos teñades anotado/a na feira, podedes pedir que vos engadan ao grupo de WhatsApp para estar ao tanto de toda a información e novidades. Para solicitar que vos engadan, escribide a: 📞 Jorge: +34 667 38 84 15 📞 Ramón: +34 669 43 21 11 Explicación da iniciativa A Feira consiste en que as nenas e nenos participantes, individualmente ou formando pequenos grupos de ata 3 participantes, creen e poñan en marcha unha pequena idea empresarial. Cada grupo poderá idear, elaborar e ofrecer á venda produtos ou servizos confeccionados ou desenvolvidos por eles mesmos, contando sempre co acompañamento e apoio dunha nai, pai ou titor/a legal. Cada pequeno grupo converterase nunha miniempresa por un día (nome, logo, idea empresarial, etc), tendo a oportunidade de presentar a súa proposta á cidadanía e aos seus coñecidos nun espazo real de comercio. A experiencia realizarase con diñeiro real, e os produtos e servizos que as nenas e nenos presenten terán prezos reducidos de 0,50 €, 1 €, 2 €... Obxectivo da iniciativa Fomentar o espírito emprendedor nos/as nenos/as, desenvolvendo habilidades como a creatividade, o traballo en equipo e a xestión de recursos a través da creación e venda de produtos e/ou servizos. Para aclarar, a iniciativa constaría dos seguintes pasos: 1.- Cada neno/a ou grupo de nenos e nenas (de 1 a 3 participantes) que queiran participar, teñen que dicirllo á súa familia e que estes se inscriban a través deste formulario. 2.- Cada iniciativa tería que ter detrás (e acompañando aos pequenos e pequenas no proceso) a unha nai, a un pai ou un/ha titor/a legal. 3.- Cada iniciativa tería que enviar un logo creado por eles. 4.- Primeiro os/as interesados teñen que inscribirse, logo pensar a súa iniciativa empresarial e ir preparando o seu produto ou servizo nas semanas previas á celebración da Feira. 5.-Haberá que participar nas dúas conexión On-Line onde se lles dará formación sobre emprendemento e comercio aos participantes. 6.- A 2a Feira do Emprendemento Infantil para o Comercio 2026 farase o día 8 de decembro de 2026 no Mercado do Calvario. Ese día pola mañá os nenos e nenas prepararían a súa caseta/posto acompañados dun adulto, nese momento a feira estaría pechada ao público, e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas sería o momento que se abre ao público e as/os mini-emprendedores/as verían recompensado o seu traballo. 7.- Ao finalizar cada caseta/posto tería que valorar cunha conta de resultados, e seguindo un mini plan de empresa si a súa idea obtivo ganancia. Temporalización do proxecto: a) Vigo 2026: - Setembro ao 20 de Novembro: difusión da actividade nos centros educativos de Vigo, envío de correos electrónicos ás ANPAs, inscricións dos/as interesados/as, resolución de dúbidas sobre a actividade, concreción dos aspectos formativos. - -Novembro, días 21 e 28 (previsiblemente) conexións On-Line formativas para as/os participantes e as súas familias, de 16.00 a 17:30 horas. Conceptos sobre emprendemento e comercio, e explicación de en que vai a consistir a Feira. - -Decembro, día 8, celebración da 2a FEIRA DE EMPRENDEMENTO INFANTIL para o Comercio en Vigo: pola mañá preparación dos postos e Minishow educativo para nenas e nenos participantes; e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas desenvolvemento da Feira e 2o pase do Minishow educativo aberto ao público que visite a Feira. Contidos a traballar: As/os nenas/os participantes con esta iniciativa traballaran aspectos como a oratoria, os valores da actividade comercial, as matemáticas, o emprendemento, as habilidades sociais e a autonomía, entre outras. Algunhas posíbeis ideas: Tarxetas de felicitación personalizadas, pulseiras da amizade, chapas orixinais, marcapáxinas, colgantes, caixas sorpresa, pequenos debuxos, xogos de mesa caseiros ou xoguetes con material de refugallo, servizos, etc. Novidades desta 2a edición: a) Minishow educativo: Como gran novidade, introducimos un formato formativo diferente: un minishow educativo que combina aprendizaxe, humor e participación activa. Este enfoque busca ludificar o proceso de ensinanza-aprendizaxe, facendo que os contidos sexan máis accesibles, memorables e motivadores para o alumnado. b) Dixitalización da inscripción e do Plan de Empresa: Un dos principais avances desta edición é a incorporación dun proceso de dixitalización do plan de empresa e da inscripción das/os participantes. c) Compromiso coa sustentabilidade: Fomentarase activamente que o alumnado empregue materiais ecolóxicos e sostibles na creación dos seus produtos. Inscricións e dúbidas: Crearemos un grupo de wasap pechado coas familias participantes para aclarar dúbidas e axudar na xestión da iniciativa. A iniciativa se levará a cabo por Barafunda Animación de Vigo e pola Escola de Tempo Libre Bulideira de Lugo. ¡Esperámosvos! 😊

Tickets
Eventbrite
Organizer
Barafunda Animación
Time zone
GMT+1
Updated

Similar events

View all →

Details

When
Tue, 8 Dec 2026 · 16:30 (GMT+1)
Where
Mercado do Calvario
Address
183 Rúa de Urzáiz, 36205 Vigo
Price
Free
Genre
Trade Shows & Expos

Questions

When is 2ª Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio do Calvario 2026?
Tue, 8 Dec 2026 at 16:30 GMT+1.
How much are tickets for 2ª Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio do Calvario 2026?
Entry is free.
Where is 2ª Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio do Calvario 2026?
Mercado do Calvario, 183 Rúa de Urzáiz, 36205 Vigo, Vigo, Spain.
Where can I buy tickets for 2ª Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio do Calvario 2026?
Tickets are sold on Eventbrite. This page links straight to that listing; no tickets are sold here.

Keep browsing