Vigo, Spain

G-Night 2026 | Tralos pasos de Lorca en Pontevedra

Europe/Madrid (GMT+2)

G-Night 2026 | Tralos pasos de Lorca en Pontevedra takes place on Fri, 25 Sept 2026 at 17:00 (GMT+2) at Museo Provincial de Pontevedra - Edificio Castelao in Vigo, Spain. Entry is free; the listing is on Eventbrite.

About this event

Con motivo da G-Night 2026, convidámoste a participar neste paseo científico para coñecer a pegada de Lorca na cidade de Pontevedra. Roteiro científico – Tralos pasos de Lorca en Pontevedra

Read full description

Camiñada por diferentes lugares da cidade de Pontevedra que tiveron algunha significación na vida de Federico García Lorca (1898-1936). Trátase dun paseo polos lugares lorquianos en Pontevedra, é dicir, polos espazos que el puido visitar nas dúas viaxes de 1932. Ademais aludirase á pegada que Federico García Lorca deixou nos escritores e escritoras contemporáneas, nomeadamente nos mozos creadores da revista Cristal, e nas persoas que estudaron a súa obra. Nesta camiñada, realizada en colaboración co Colectivo Xurelo e guiada por Quique Mauricio (un dos creadores do roteiro “Pontevedra lorquiana”), preténdese achegar ao público as viaxes de García Lorca a Pontevedra no ano 1932 e relacionalas coa da historia da cidade. O percorrido comezará ás 17.00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A seguir, visitaranse diferentes puntos emblemáticos como a praza da Estrela, as rúas Peregrina e García Camba, a praza de Galicia ou a praza de San Xosé onde se situaba o Café Moderno. A camiñada rematará no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra arredor das 19.00 h. Durante o roteiro a cargo de Quique Mauricio, e acompañado por Ana Acuña (UVigo), aludirase ás persoas vinculadas a Pontevedra que estudaron a García Lorca. É o caso, por exemplo, de María Victoria Moreno (1939-2005), Xesús Alonso Montero (1928-2026) ou Carlos Álvarez Taboada (1979-2025). Desta maneira o paseo literario pretende homenaxear nos seus diferentes aniversarios ao poeta alófono pero tamén aos que del se lembraron. Cousas a ter en conta: • Lembrade levar roupa e zapato cómodo e ganas de aprender. • Importante levar tamén as entradas impresas ou no móbil. • Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coa Unidade de Cultura Científica no teléfono 986 130 263 ou no correo electrónico [email protected]. Máis info en: www.gnight.gal

Tickets
Eventbrite
Organizer
Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
Time zone
GMT+2
Updated

Similar events

View all

Details

When
Fri, 25 Sept 2026 · 17:00 (GMT+2)
Where
Museo Provincial de Pontevedra - Edificio Castelao
Address
3 Rúa Padre Amoedo Carballo, 36002 Pontevedra
Price
Free
Genre
113/seminar or talk

Questions

When is G-Night 2026 | Tralos pasos de Lorca en Pontevedra?
Fri, 25 Sept 2026 at 17:00 GMT+2.
How much are tickets for G-Night 2026 | Tralos pasos de Lorca en Pontevedra?
Entry is free.
Where is G-Night 2026 | Tralos pasos de Lorca en Pontevedra?
Museo Provincial de Pontevedra - Edificio Castelao, 3 Rúa Padre Amoedo Carballo, 36002 Pontevedra, Vigo, Spain.
Where can I buy tickets for G-Night 2026 | Tralos pasos de Lorca en Pontevedra?
Tickets are sold on Eventbrite. This page links straight to that listing; no tickets are sold here.

Keep browsing